POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello distribúe máis de 250 libros entre as persoas usuarias do Seminario Menor e da Cociña Económica

23/04/2020 A Concellaría de Políticas Sociais vén de distribuír hoxe 60 libros entre as persoas albergadas no Seminario Menor, e outros 200 entre as persoas ususarias da Cociña Económica. Trátase dunha doazón realizada polo propietario da libraría Gallaecia, Manolo Salvado, con motivo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, que se celebra hoxe.

O Goberno municipal agradece esta doazón, á vez que recomenda aos veciños e veciñas fomentar o hábito da lectura. Recorda que, entre outros aspectos, ler mellora a expresión oral, aumenta a nosa comprensión e a nosa capacidade comunicativa, potencia a memoria, esperta a imaxinación e mantennos informados. Neste momento, as librarías están pechadas debido ao estado de alarma, pero as súas webs seguen abertas e quen queira mercar algún libro pode facelo sen problema a través de internet, nun xesto que axuda a manter e potenciar o comercio local.

Compartir: