MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local lanza un vídeo de alento e de agradecemento á cidadanía

09/04/2020 A Policía Local de Santiago acaba de lanzar un vídeo dando ánimos á cidadanía nestes momentos de crise sanitaria. O vídeo serve tamén de agradecemento á veciñanza de Compostela polo seu comportamento durante o estado de alarma.

Varios/as integrantes da Policía Local fan un chamamento a seguir quedando na casa nestes momentos de confinamento para que, entre todos/as, poidamos superar canto antes estes difíciles momentos.

Direccións relacionadas



Compartir: