SERVIZOS

O Concello recomenda non facer uso das fontes públicas como prevención fronte ao COVID-19

06/04/2020 O Concello de Santiago vai colocar carteis informativos nas fontes públicas recomendando que non se usen estas para beber en prevención do COVID-19 mentres dure a crise sanitaria.

Cómpre lembrar que nestas instalacións as mans e a boca poden entrar en contacto coa superficie das billas e outros elementos das mesmas, polo que non se pode garantir a ausencia de COVID-19.

Esta medida adóptase en cumprimento da Orde SND/274/2020, pola que se adoptan medidas en relación cos servizos de abastecemento de auga de consumo humano e de saneamento de augas residuais, norma que resulta de aplicación a todas as entidades, públicas e privadas, que prestan ou contribúen a prestar o servizo de abastecemento de auga de consumo humano á poboación.

Compartir: