ALCALDÍA

Falece Dositeo Rodríguez, concelleiro da Corporación no período 1999-2006

27/03/2020 Este venres faleceu no CHUS o ex concelleiro da Corporación Dositeo Rodriguez, vítima do coronavirus. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e toda a Corporación expresan o seu pesar por este falecemento e as condolencias á súa familia.

Dositeo Rodríguez (Ribas de Sil, 1935) foi concelleiro e voceiro do grupo municipal popular no período 1999-2006. Nesa etapa (2003-2006) ocupou tamén o cargo de vicepresidente da Deputación da Coruña.

Parlamentario autonómico no Hórreo dende 1993 a 1999, o 7 de febreiro de 1990 foi nomeado conselleiro da Presidencia e Administración Pública, cargo que desempeñou ata o 18 de febreiro de 1999, no que cesou para presentarse como candidato do Partido Popular á Alcaldía do Concello de Santiago.

Compartir: