XUNTA DE GOBERNO

Acordos da Xunta de Goberno local ordinaria

16/03/2020 A Xunta de Goberno local reuniuse hoxe en sesión ordinaria, pero fíxoo no Salón de Plenos para poder manter as distancias recomendadas polas autoridades sanitarias entre os seus membros.

Entre os acordos adoptados salienta a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto do servizo de limpeza nos edificios e instalacións dependentes do concello , establecéndose un tipo de licitación de 2.463.770,34 euros (IVE aparte). O total, IVE incluído, serían 2.981.162,11 euros. Non obstante, o proceso queda paralizado ata a finalización da situación excepcional xerada polo coronavirus.

Así mesmo, aprobouse prorrogar o contrato de aluguer do local na parroquia de Barciela que se emprega como centro sociocultural polo prazo de tres meses a contar desde o 1 de abril ata o 30 de xuño. Arrendador e Concello pactan non revisar o prezo mensual do algueiro de 551,30 euros mensuais.

Nesta mesma sesión deuse o visto bo a dous recoñecementos extraxudiciais de crédito e a varias bonificacións fiscais, así como a licenzas de obras, entre elas, unha para a construción dun edificio de 14 vivendas no Avío.

Documentos relacionados



Compartir: