ALCALDÍA

O goberno municipal constituiu un gabinete de crise que se reunirá todos os días para avaliar as medidas postas en marcha sobre o coronavirus

12/03/2020 O alcalde presidirá este gabinete de crise, que se reunirá todos os días ás 9 e ás 14 horas. Segundo indicou rexedor, mañá terá lugar unha nova Xunta de Goberno extraordinaria, trala que se celebrou hoxe, e unha xunta de voceiros.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe en rolda de prensa que, en relación ao coronavirus, o concello compostelán actuará en coordinación e seguindo as indicacións das administracións competententes na materia, "a administración central en materia de seguridade pública e a administración autonómica en materia de saúde pública".

O alcalde sinalou que esta semana, o goberno municipal deu instruccións aos diferentes departamentos para "que elaboraran unha táboa de actuacións e propostas a materializar" en cada unha das áreas do concello, en función das indicacións que poida darnos a Xunta de Galicia".

Asegurou, ademais que dentro do goberno municipal acordou constituir un gabinete de crise, presidido polo alcalde, e no que están presentes os concelleiros Mercedes Rosón, Sindo Guinarte, Mila Castro, Gonzalo Muíños e Marta Abal. Sánchez Bugallo adiantou que ás duas e media da tarde hai convocada unha Xunta de Goberno extraordinaria para "unha vez coñecida a instrucción da Xunta de Galicia por en marcha os mecanismos que consideremos oportunos con relación á aplicación desa instrucción".

Engadiu que tamén pediu a convocatoria dunha Xunta de Voceiros para mañá ás once do mediodía para informar aos portavoces dos distintos grupos políticos con representación muncipal. Explicou o rexedor, que en principio, o gabinete de crise vaise reunir todos os días, ás nove da mañá e as dúas da tarde "para avaliar as circunstancias e adoptar os cambios que considere pertinentes". Tamén se reunirá de novo mañá a Xunta de Goberno, porque, indicidu "moitas das decisións que se están adoptando van ter repercusións e consecuencias económicas". Citou en concreto, a suspensión, modificación ou aprazamento de contratos en vigor, "iso vai ter trascendencia económica e os órganos competentes deben adoptar os acordos" oportunos, de acordo cos informes técnicos e coas instrucións do goberno autónomo.

O gabinete de crise tamén se reunirá sábados e domingos. "Imos facer, dixo, un seguimento continuado da problemática que vaiamos detectando na cidade, para correxir o que poida funcionar mal e para implementar as medidas" que se consideren oportunas. "Imos estar pendentes deste tema, porque entendemos que é unha crise global que afecta á saude dos nosos cidadáns e de xeito sifnificativo á nosa economía". O alcalde recoñeceu que unha das cousas que máis preocupa ao goberno muncipal é garantir "que os sectores máis débiles, como as persoas maiores, poidan recibir atención". Por iso, entre as medidas a adoptar, estaría manter contacto cos supermercados para que garantir o subministro a esas persoas maiores, que en Santiago, recordou, son unhas 4.000, e ás familias en situación de vulnerabilidade.

Sobre o avance do programa do banquete de Conxo, previsto para hoxe, o alcalde sinalou que xa está planificado, e que en principio estaba previsto para a segunda semana de maio, pero segundo explicou, non se pode garantir que se celebre nesas datas, xa que hai que atender, dixo, á evolución do coronavirus.

Compartir: