XUNTA DE GOBERNO

Axustadas as anualidades do gasto do servizo de comedores escolares

29/01/2020 A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou un axuste na anualización do gasto previsto para financiar o servizo de comedor escolar para os centros educativos de Infantil e Primaria do Concello de Santiago.

Este cambio responde á demora acumulada na tramitación do expediente sobre a estimación do tempo inicial. Aprobado o axuste, o reparto do gasto queda do seguinte xeito: 929.855,56 euros para a anualidade 2020 e 114.994,44 euros para a anualidade 2021.

Cómpre lembrar que a Xunta d Goberno adxudicara o servizo o pasado 23 de decembro á empresa Alimentación Saudable Gallega, SLU, que se comprometeu a un prezo de 4,92 euros para o xantar e de 1,76 euros para o almorzo (ambas cantidades IVE excluído).

Ampliación de prazo
Na mesma sesión extraordinaria acordouse a ampliación a dous meses do prazo para que a Universidade de Santiago adopte acordo de adscrición ou cesión gratuíta a favor do Concello do inmoble sito na rúa das Casas Reais, 8. O prazo fixado inicialmente era dun mes, pero a USC manifestou a imposibilidade de adoptar o acordo nese prazo, polo que se lle prorroga o prazo.

Documentos relacionados



Compartir: