XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a revisión de tarifas do Mercado de Amio

27/01/2020 A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á revisión das tarifas do servizo do Mercado de Amio, segundo a suba do IPC un 0,40%. Así o deu a coñecer en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Na sesión ordinaria do 20 de marzo de 2019 adoptouse o acordo de revisión das devanditas tarifas, que poden actualizarse ano a ano, como se reflexa no prego de condicións. Publicado polo INE a variación do índice de prezos ao consumo dende a derradeira revisión (novembro de 2018) ata o derradeiro valor coñecido (novembro de 2019) nunha contía de 0,40%, aplícase este incremento aos últimos prezos aprobados pola Xunta de Goberno para o recinto feiral.

Así mesmo, acordouse solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a prórroga do acordo da comisión bilateral correspondente á fase 13 do Casco Histórico e designouse ao concelleiro de Turismo, Gumersindo Guinarte Cabada, como representante do Concello de Santiago no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

No apartado de licenzas, o rexedor salientou a construción dunha nave comercial de 4.000 metros cadrados na rúa Andalucía, o que indica que "o polígono da Sionlla segue o seu ritmo de crecemento", así como a concedida para a instalación de dous ascensores en edificios de vivendas da rúa Sánchez Freire.

Documentos relacionados



Compartir: