DEPORTES

Santa Isabel acolle este domingo o Campionato Galego de Karate Sénior, Para-Karate e Máster

19/12/2019 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou este xoves o Campionato Galego de Karate Sénior, Para-Kárate e Máster, que se celebrará este vindeiro domingo no Polideportivo Municipal de Santa Isabel, organizado pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas e promovido polo Concello.

Está previsto que participen preto de 50 deportistas de 16 clubs de Galicia, dos que dous son de Santiago, o Club Ávalon Kai e o Club Bushi Kai. A entrada é de balde, polo que a concelleira animou aos composteláns e compostelás a achegarse ata Santa Isabel para ver competir aos e ás mellores karatekas de Galicia.

Acompañou á concelleira na rolda de prensa o director técnico da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente, quen explicou os detalles da proba, que arrincará ás 9:30 horas. As modalidades de competición serán kata e kumite individual e para-karate, nas categorías de sénior e máster. A entrega de premios celebrarase en torno ás 12:30 horas.

Os clubs participantes son: A.C.R.E D. Grupo Bazán (Ferrol), A.D. Do Coto (Negreira), A.M. Fene, Club Ávalon Kai (Santiago), Club Beni Gym (Narón), Club Bunkai (Ferrol), Club Bushi Kai (Santiago), Club Renbukan (Ferrol), Club San Francisco Teo, E.S.K. Narón, Escola de Karate Cedeira, Escola Deportiva Shihan (Lugo), Karate Casino de Ares, Karate Club Maceda, Karate-do Carballo e Ximnasio J.K. (A Coruña).

Compartir: