ALCALDÍA

Sánchez Bugallo participou na apertura da Xornada ITH Hotel Energy Meetings

26/11/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto de inauguración da Xornada ITH Hotel Energy Meetings, que se celebrou durante esta mañá no Hostal dos Reis Católicos. Na cerimonia de apertura tamén participaron Sara Santos, presidenta de Hostalería Compostela; Julio Castro, representante da Unión Hoteleira Compostela e director do Parador de Santiago; e Coralía Pino, responsable da Área de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro.

Este encontro estaba deseñado para axudar aos establecementos hoteleiros a buscar as solucións máis axeitadas para maximizar o aforro enerxético nas súas instalacións. Debateuse sobre diferentes tecnoloxías e as claves para adaptalas ás necesidades de cada perfil de establecemento con garantías de resultados e de redución dos custos de operación e mantemento.

Direcciones relacionadas



Compartir: