ACCIÓN CULTURAL

O Concello convoca o sector cultural a participar na xornada "A cultura en Santiago de Compostela. Análise de situación e reflexión colectiva"

19/11/2019 O Concello de Santiago convoca os axentes culturais locais a unha xornada que se celebrará o vindeiro 4 de decembro no Centro Sociocultural de Santa Marta e na que tamén participará a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.

Durante a xornada presentaranse un conxunto de datos actualizados sobre a cultura en Santiago de Compostela, a cargo do consultor cultural Marcos Lorenzo, e organizaranse mesas de traballo cos axentes culturais presentes para reflexionar sobre as principais problemáticas e potencialidades do sector, co obxecto de dispoñer dunha diagnose que permita mellorar as políticas culturais locais.

A xornada levará por título "A cultura en Santiago de Compostela. Análise de situación e reflexión colectiva" e desenvolverase co seguinte programa:

• 16:00 a 17:00 h. Presentación da xornada e dun panel de datos actualizados sobre a situación da cultura no municipio, a cargo de Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural, e Marcos Lorenzo, director do estudo.
• 17:00 a 19:00 h. Mesas de reflexión colectiva entre axentes culturais da cidade.
• 19:00 a 20:00 h Posta en común dos resultados das mesas e peche da xornada.

O aforo para participar na xornada é limitado. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 27 de novembro a través da seguinte ligazón:

Direccións relacionadas



Compartir: