INNOVACIÓN

Presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Smartiago

19/11/2019 O xoves 21 de novembro, ás 10:30 horas. na capela do Hostal dos Reis Católicos, celebrarase a xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado de Smartiago.

Esta xornada está dirixida a empresas e axentes do ecosistema de innovación interesados en participar no programa. No encontro explicarase en detalle o programa e os retos detectados que se queren abordar e que se esperan cubrir a través das futuras licitacións.

A xornada terá a súa apertura institucional ás 11:00 horas, nun acto no que participarán o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; e a secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras.

Logo da intervención do concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Gumersindo Guinarte, haberá unha explicación dos aspectos técnicos do proxecto Smartiago a cargo de Jesús Rodríguez Castro, xefe do Servizo de Informática do Concello. A continuación, Manuel Varela, director de Sector Público en Science & Innovation Link Office (SILO) falará sobre cómo participar nas Consultas e aspectos administrativos. A xornada pecharase cun tempo de consultas e cunha sesión de networking.

Direcciones relacionadas



Compartir: