ALCALDÍA

Concello de Santiago e ONCE exploran vías de colaboración en materia de supresión de barreiras

13/11/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este mércores co delegado territorial de Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan, e co director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

No encontro tratáronse posibles colaboracións en materia de supresión de barreiras ou de emprego. A cooperación nestas materias, tal como indicou Manuel Martínez, poderíase plasmar nun convenio. Neste sentido, o delegado territorial da ONCE agradeceu a "alta receptividade" do alcalde e da concelleira a abordar estas liñas de colaboración para "mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade visual e outras discapacidades".

Outra das cuestións tratadas na xuntanza foi a colocación dos novos modelos de quiosco para vendedores en diferentes puntos da cidade. Lembrou que xa se instalaron tres novos quioscos nas rúas de Montero Ríos e de República do Salvador e na praza de Vigo, e que teñen outros dous pendentes de instalar na zona histórica.

Compartir: