ALCALDÍA

Os retos do sector viario, a debate en Compostela na XXX Semana da Estrada

29/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no Palacio de Congresos no acto inaugural da 30ª Semana da Estrada, organizada pola Asociación Española de la Carretera. Este congreso sobre infraestruturas viarias celébrase en Santiago do 29 ao 31 de outubro.

A 30ª Semana da Estrada aborda os seis grandes retos do sector viario: redefinir o modelo de xestión e conservación da rede, reducir as cifras de accidentalidade, solucionar os problemas de explotación, responder ao desafío tecnolóxico pendente, garantir unha mobilidade eficiente e sostible e sintonizar coas inquedanzas dos cidadáns. Todas estas cuestións abordaranse a través de oito mesas de debate.

Direcciones relacionadas



Compartir: