EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais súmanse á loita contra a leucemia

28/10/2019 A Rede de Escolas Infantís do Concello de Santiago, formada polas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrio-Salqueiriños quixeron sumarse este ano á iniciativa "a volta ao cole contra a leucemia infantil", organizada pola fundación "unoentrecienmil".

O día 25 ás 10:30 se organizaron nas tres escolas sendas carreiras nas que os nenos e nenas o deron todo para poñer o seu grao de area e animar a que se siga investigando a forma de erradicar esta enfermidade.

As familias das tres escolas tamén se implicaron achegando, na medida das súas posibilidades, donativos para esta gran causa.

Compartir: