ALCALDÍA

Os membros da Fundación A La Par culminan a súa peregrinación

25/10/2019 Tras percorrer 60 quilómetros, os membros da fundación A La Par foron recibidos no Obradoiro polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, polos voceiros dos grupos municipais do PP, CA e BNG, Alejandro Sánchez-Brunete, Martiño Noriega e Goretti Sanmartín; entre outros concelleiros da Corporación municipal.

"Cando hai que moverse" é o nome desta iniciativa solidaria na que unha delegación de mozos e mozas con discapacidade intelectural percorreron o Camiño co obxectivo de xerar visibilidade. A ruta comezou o día 23 en dirección a Arzúa, e finalizou hoxe na praza do Obradoiro cunha solta de globos.

Entre os mozos que fixeron o Camiño destaca Alejandro Navas, que con tan só 13 anos conseguiu tres medallas no Campionato de España de Atletismo; ademais, participan Pablo Otero e Sara Sánchez, gañadores respectivamente de 8 e 3 medallas da categoría de Natación de consecutivos Campionatos de España.

Os paralímpicos medallistas Marta Casado - que participa nos xogos paralímpicos de Tokio 2020 en atletismo - Melanie Berges, cuarta nos xogos paralímpicos de Río de atletismo e campioa de Europa; e Álvaro Galán, campión de Europa de boccia e subcampión do Mundo exercen como padriños da iniciativa, prestando todo o seu apoio a través dunhas charlas motivacionais aos peregrinos de A La Par na súa saída desde Madrid.

Pola súa banda, Alquiber e a súa frota, en colaboración coa empresa Alkora, encargouse de facer posible esta iniciativa solidaria con diversos vehículos, tanto para traslados como para dar soporte á marcha e transportar vituallas.

Compartir: