EDUCACIÓN

Os nenos e nenas do Colexio da Barcia trasládanlles as súas inquedanzas aos mebros da Corporación

25/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Educación, Noa Díaz; a edil de Deportes, Esther Pedrosa; os voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e do BNG, Goretti Sanmartín, que é a representante municipal no Consello escolar do colexio; e a concelleira do grupo municipal popular, Beatriz Cigarrán, escoitaron de primeira man as solicitudes dos rapaces e rapazas do centro, que se interesaron polo labor dos concelleiros.

Listet, en representación do alumnado do Colexio Público de Educación Espacial A Barcia, leulles unha carta aos membros da corporación na que lles trasladaban as súas inquedanzas. "O alumnado do CEE A Barcia pensamos que a vida é como unha viaxe en tren. Un tren moi grande, con moitos vagóns. Hai vagóns de primeira, de segunda, de terceira, de mercancías...", dicía a misiva, que continuaba engandido: "Os que van no vagón de primeira clase paran en estacións con fermosos nomes como Igualdade, Sen barreiras, Emprego, Educación, Respecto, Dignidade e tantos outros cheos de ledicia e sorrisos". A carta remataba cunha petición á corporación de parte dos nenos e nenas: "estamos aquí para dicirlles que nós queremos un billete en primeira clase, para desfrutar de todas esas paradas maravillosas".

Tamén houbo tempo para facerlles preguntas aos concelleiros e concelleiras presentes sobre o seu traballo e para unha foto de familia, en recordo da súa visita ao Pazo de Raxoi.

Compartir: