ALCALDÍA

Encontro do alcalde de Santiago con membros da directiva da Academia Galega de Teatro

18/10/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu varios membros da dirección da Academia Galega de Teatro. No encontro, ao que tamén asistiu a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, solicitaron a colaboración do Concello no "I Congreso Internacional de Teatro Galego", previsto para marzo de 2020 na Cidade da Cultura.

Tamén trataron distintos asuntos relacionados coa Academia Galega de Teatro (AGT), unha entidade creada en 2017 e vinculada ás artes escénicas. Entre os seus obxectivos: establecer directrices estratéxicas para o desenvolvemento do sistema teatral galego na próxima década, crear un Centro Galego de Documentación Teatral e, a través dese congreso internacional, converterse nun foro das e dos profesionais da escena galega no que analizar e debater as actuais políticas culturais.

Pola Academia Galega de Teatro asistiron á reunión o seu vicepresidente, Eduardo Alonso; Luz María Gómez, tesoureira; e Antonio Francisco Simón Álvarez, membro da academia e do comité organizador do "I Congreso Internacional de Teatro Galego".

Compartir: