POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Premio Mil Primaveras para o proxecto Youtubeir@s

22/09/2019 A concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, asistiu este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra ao acto de entrega dos I Premios Mil Primaveras, no que o Concello de Santiago foi premiado pola súa coparticipación no proxecto Youtubeir@s. Os premios son convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

Youtubeir@s é un programa dos servizos de normalización dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedera, A Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. No acto interviñeron, no nome do proxecto, o alcalde da Baña e a técnica de normalización do Concello de Ourense.

Compartir: