ALCALDÍA

Recepción a unha delegación do Comité Internacional de Medicina Militar

21/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu unha delegación do Comité Internacional de Medicina Militar. Ao acto, no que tamén estivo presente o voceiro do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, asistiron unha ducia de representantes dos comités de investigación e de sanidade da institución.

O Comité Internacional de Medicina Militar é unha organización internacional e intergubernamental formada por un centenar de países, con sede en Bruxelas. Foi creada en 1921, co obxectivo de fomentar a colaboración entre membros dos servizos médicos das forzas armadas de todos os estados.

Sánchez Bugallo deulles a benvida á Compostela. Sinalou que Santiago "non é unha cidade con tradición militar, pero si con tradición sanitaria", ademais dunha "cidade hospitalaria". Dende a entidade responderon convidando ao alcalde a acudir, en 2021, á recepción do centenario do Comité Internacional de Medicina Militar. "Estaremos encantados de recibilos en Bruxelas", dixo o seu portavoz.

Compartir: