ALCALDÍA

Sánchez Bugallo visita a concentración de coches antigos no Obradoiro

21/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou á IX Concentración de Coches Clásicos, organizada pola asociación de comerciantes Compostela Monumental e polo Automóbil Club de Galicia, coa colaboración do Concello de Santiago. No acto tamén estivo presente o portavoz do PP, Alejandro Sánchez-Brunete.

O presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello; e o de Automóbil Club de Galicia, Juan Carlos Pérez Otero, acompañaron ao alcalde durante a visita á exposición. Case cen coches de diferentes décadas do século pasado, que permaneceron expostos ata as seis da tarde na praza do Obradoiro. Para poder participar ma mostra os automóbiles debían ter más de 25 anos.

Compartir: