ALCALDÍA E MOBILIDADE

Mostra de vehículos a gas comprimido na Alameda

19/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou este xoves na Alameda a exposición de vehículos a gas natural comprimido, organizada pola empresa Nedgia, dentro das actividades programadas polo Concello de Santiago con motivo da Semana Europea da Mobilidade. No acto tamén participaron os concelleiros de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e de Medio Ambiente, Mila Castro.

A mostra está dirixida fundamentalmente a profesionais do sector do transporte, como taxis, autoescolas ou empresas de reparto.

Día da Bicicleta
As actividades da Semana Europea da Mobilidade pecharanse este domingo co Día da Bicicleta. Arrincará ás 10:00 horas coas inscricións e o reparto de camisetas, e coa realización dunha xincana e xogos para nenos/as e dunha demostración de bicicletas. Ás 11:00 horas haberá unha batucada e, unha hora despois, arrincará a pedalada pola cidade, con dous percorridos, un de 4 e outro de 7 quilómetros, para que toda a veciñanza poida participar. A xornada pecharase co sorteo e entrega de agasallos aos/ás participantes.

Compartir: