ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibiu os responsables de Cáritas Diocesana

18/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores co director de Cáritas Diocesana-Santiago, José Anuncio Mouriño, e co seu delegado episcopal, Jesús García.

No encontro, o rexedor valorou o labor social de Cáritas Diocesana na cidade e mostrou a súa disposición a mellorar a colaboración que o Concello xa mantén coa entidade. Neste sentido os representantes de Cáritas explicaron as posibilidades para mellorar os servizos que prestan a través de proxectos como Vagalume, Arroupa ou o Centro de Atención Social Continuada "Vieiro".

José Anuncio Mouriño lembrou que Cáritas Diocesana atendeu o pasado ano a 54.000 persoas na diócese de Santiago.

Compartir: