ALCALDÍA

Xuntanza coa Asociación de Veciños de Guadalupe

16/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu unha representación da Asociación de Veciños "A Ponderosa", do barrio de Guadalupe, encabezada pola súa presidenta, Isolina Barreiro. No encontro trasladáronlle as demandas máis urxentes para a zona.

No encontro tamén participaron os concelleiros de Políticas Sociais, Mila Castro; de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e de Barrios e Obras, Javier Fernández.

Esta é a primeira xuntanza que a asociación "A Ponderosa" mantén co alcalde dende a toma de posesión. O rexedor comprometeuse a estudar as demandas plantexadas polos veciños, entre as que figuran melloras na accesibilidade e na iluminación, poda de árbores e arranxo de beirarrúas.

Compartir: