PLENO

Formalizada ante o Pleno a renuncia como concelleiro de Agustín Hernández

05/09/2019 Nunha sesión extraordinaria e urxente, o Pleno da Corporación tomou en coñecemento o escrito de renuncia do voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, Fernández de Rojas, ao cargo de concelleiro.

O ata agora voceiro popular pechou unha sesión plenaria na que tamén interviron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; os voceiros de CA, Martiño Noriega, e BNG, Goretti Sanmartín, e o sucesor de Agustín Hernández como voceiro municipal do PP, Alejandro Sánchez-Brunete. Todos eles desexáronlle sorte no persoal e no seu novo cometido como presidente do Consello Económico e Social (CES).

Compartir: