EDUCACIÓN

Arrincou o curso nas escolas infantís municipais

04/09/2019 O pasado luns, 2 de setembro, deu comezo o comezo do curso escolar 2019-2020 nas escolas infantís de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, coas xuntanzas para explicar ás familias o funcionamento dos centros e iniciar así as actividades.

As aulas de bebés tiveron unha reunión moi especial, xa que todos os nenos/as que entran nela son novos/as. Por iso, esta xuntanza é moi importante para a presentación dos nenos e nenas, a explicación das normas ou o contacto coas familias.

Nas reunión das aulas de 1-2 e de 2-3 anos xa se mesturan pais/nais máis novos cos que veñen doutros anos, polo que o encontro serve de recordatorio para uns e de explicación para os demais.

Compartir: