IGUALDADE

Os nenos e nenas do programa "Verán CampUSC" visitaron o Concello

02/09/2019 A concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, recibiu os nenos e nenas que participan na última quenda da edición de 2019 do Verán CampUSC, xunto cos voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega; do BNG, Goretti Sanmartín; e o concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete.

Este programa está concibido como unha actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer, desenvolvida durante o verán co obxectivo de permitir ás nais e pais que traballan durante ese período conciliar a vida laboral e familiar. O Verán CamUSC celébrase luns a venres, agás festivos, en horario de mañá, de 08:45 a 14:45 horas. Entre as actividades programadas figuran obradoiros de acuoloxía, baile, atletismo ou voleibol.

O programa está dirixido tanto a traballadores da USC como a aquelas familias que aínda non tendo vinculación coa comunidade universitaria, precisan dunha actividade de conciliación. Organízao a Fundación USC Deportiva e nel colaboran a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade e o Concello de Santiago a través da Concellaría de Igualdade. En Verán CampUSC poden participar menores entre 3 e 13 anos de idade.

Compartir: