ALCALDÍA

O alcalde recibe o ecónomo diocesano e o reitor do Seminario Menor

02/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza con Fernando Barros, económo diocesano do Arcebispado de Santiago, e con Manuel Ferreiro, vicesecretario da Delegación Diocesana de Economía e reitor do Seminario Menor.

O encontro enmárcase dentro das xuntanzas institucionais que está a manter o alcalde compostelán con diversas entidades da cidade logo da súa elección como rexedor da capital galega.

Compartir: