ALCALDÍA

Concello e Xunta colaborarán para impulsar a política de vivenda en Santiago de Compostela

02/09/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este luns coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (San Lázaro), Ángeles Vázquez.

A xuntanza estivo centrada en dous temas, segundo explicou o alcalde. Un deles foi o impulso ao polígono industrial da Sionlla. "Imos traballar en conxunto para que o maior número de empresas se instalen nesta superficie", apuntou Sánchez Bugallo, que anunciou próximas reunións entre técnicos de Concello e Consellería, e tamén a un nivel maior, antes de final de mes, para avanzar nesta cuestión.

Na reunión tamén se falou de "impulsar a política de vivenda, desaparecida nos últimos anos", afirmou o rexedor. Lembrou que o Concello é propietario de diferentes parcelas edificables, e que tamén a Consellería ten algunha, como a de Xoán XXIII. "Imos ver a maneira de aunar esforzos para facer unha política efectiva de vivenda orientada aos sectores sociais máis desfavorecidas", explicou o alcalde.

Compartir: