ALCALDÍA
O 30 de setembro, as nove empresas que se presentaron ao procedemento de concorrencia competitiva deberán presentar as propostas técnicas. E antes de final de final de ano, explicou Sánchez Bugallo, "ACUAES, en colaboración coa Xunta e co Concello, seleccionará as catro que considere máis axeitadas para que presenten o seu proxecto antes do verán do 2020".
A continuación, unha vez seleccionado o proxecto técnico, hai que realizar, afirmou Sánchez Bugallo, "o trámite medioambiental". Todas as administracións comparten, segundo confirmou, que este procedemento para a autorización medioambiental debería ser simplificado, "pero ata que non teñamos o proxecto técnico non se poderá dar resposta a esta cuestión". Engadiu o rexedor que "procuraremos que sexa simplificado", traballando con ese obxectivo, porque a finalidade "é que as obras estean comezadas en xaneiro de 2022, o que permitiría seguir contando cos fondos europeos para a súa financiación".
Compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica de realizar os trámites necesarios para o inicio das obras da EDAR da Silvouta a principios de 2022
07/08/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente en funcións, Hugo Morán. O compromiso do organismo, sinalou o rexedor, é realizar "todos os trámites necesarios para que as obras da EDAR da Silvouta poidan comezar a principios do 2022" e poder así aproveitar os fondos europeos concedidos nesta etapa.
Co encontro de hoxe complétase, segundo explicou Sánchez Bugallo, "o ciclo de reunións orientadas a impulsar de forma decisiva a construción da EDAR da Silvouta", despois das xuntanzas mantidas coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e coa directora de ACUAES, Rosa Cobo, na que tamén estiveron presentes técnicos da Consellería de Medio Ambiente.O 30 de setembro, as nove empresas que se presentaron ao procedemento de concorrencia competitiva deberán presentar as propostas técnicas. E antes de final de final de ano, explicou Sánchez Bugallo, "ACUAES, en colaboración coa Xunta e co Concello, seleccionará as catro que considere máis axeitadas para que presenten o seu proxecto antes do verán do 2020".