XUNTA DE GOBERNO

Aberto o procedemento para a adquisición de dous novos vehículos lixeiros para os Bombeiros

05/08/2019 A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou a apertura do procedemento para adquirir dous novos vehículos lixeiros para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. Tamén no ámbito da Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá, acordouse a inclusión da praza de San Pedro na Zona 3 de estacionamento para residentes, no mesmo barrio de San Pedro.

Para a adquisición dos dous vehículos para os Bombeiros destínase unha orzamento de licitación de 101.414,94 euros (IVE incluído). Desta cantidade, 54.439,11 euros destinaranse á compra dun vehículo todo terreo, se ben desta cantidade se minorará o importe dos vehículos usados que o Concello entregará como parte do pago do prezo do contrato. O resto, 46.975,83 euros, será para a adquisición dun vehículo urbano tipo furgoneta.

A Xunta de Goberno tamén acordou a inclusión da praza de San Pedro na Zona 3 – San Pedro de estacionamento de residentes, para que os veciños e veciñas residentes nesta praza, que cumpran coas condicións e requisitos da Ordenanza do Sistema de Ordenación de Tráfico e Aparcamento de Residentes, poidan dispoñer do dispositivo que lles permita aparcar nas zonas verdes destinadas a residentes.

Convenios
En materia de deportes, aprobáronse cinco convenios de colaboración: con Special Olympics Galicia, para os XX Xogos Autonómicos de atletismo para persoas con discapacidade intelectual e a Marcha Ciclista Unificada, por 3.500 euros; coa Federación Galega de Judo, para a Copa de España Infantil de Judo, por 6.000 euros; coa Agrupación Deportiva El Correo Gallego, para a 42ª edición da Carreira Pedestre, por 12.000 euros; coa Federación Galega de Baloncesto, para o VI Jamboree de Clubs de Minibasquet, por 10.000 euros; e coa Federación Galega de Atletismo, para a II edición da Milla Urbana "Portas de Compostela", por 10.000 euros.

Seguindo con Deportes, aprobouse o inicio do procedemento de adxudicación do servizo de dotación de infraestruturas, loxística, persoal e sinaléctica da Festa do Deporte 2019, cun tipo de licitación de 44.494,81 euros (IVE incluído). Finalmente, tamén no ámbito desta Concellaría, aprobáronse as bases da convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado correspondentes a 2019, por unha contía de 250.000 euros.

Escolas infantís
Ademais, o Goberno local deu o visto bo á prórroga do contrato de xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas polo período dun ano, a contar dende o 1 de setembro de 2019 ao 31 de agosto de 2020, por importes de 129.598,08 euros (anualidade 2019) e 259.186,13 euros (anualidade 2020).

Dinamización comercial
A XGL tamén resolveu a convocatoria de subvencións para actividades de promoción e dinamización comercial, da que resultaron as seguinte achegas: 20,526,02 euros para a Fundación Santiago Centro, 27.087,80 para Compostela Monumental e 2.368,18 euros para a Asociación Em-Rede.

Patio de Madres e Castrón Douro
Finalmente, autorizouse a redacción do proxecto modificado das obras de reurbanización das rúas Patio de Madres e Castrón Douro, actualmente en marcha, incluíndo substitución de dúas das illas de colectores soterradas, sen que supoña variación económica.

Documentos relacionados



Compartir: