ALCALDÍA

Recepción ao embaixador de Eslovaquia en España

12/07/2019 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe o embaixador de Eslovaquia en España, Jaroslav Blasko, quen asinou no Libro de Honra do Concello. No acto tamén participaron os voceiros dos grupos municipais do PP, Agustín Hernández, e de Compostela Aberta, Martiño Noriega, así coma o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.

Jaroslav Blasko está en Compostela para participar esta tarde, xunto co alcalde, na inauguración da exposición Vivencias, da fotógrafa eslovaca Lea Tyrallová, que se poderá ver no Museo do Pobo Galego ata o 16 de setembro.

Compartir: