ACCIÓN CULTURAL

Julia Huete gaña o Undécimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas con "Thérèse soñando"

11/07/2019 Esta xoves entregáronse os Premios para Novos Artistas Auditorio de Galicia, nun acto no que se inaugurou a mostra que recolle os 35 traballos seleccionados de entre os 109 que se presentaron nesta edición. O 1º premio, valorado en 6.000 €, foi para Thérèse soñando, de Julia Huete; o 2º e dotado con 3.000 €, para Marcos Covelo, por Respiro hierro; e o 3º, de 2.000 €, para o Estudo para galiñeiro, de Roi Domínguez.

Estes premios, que agora se celebran cada dous anos, chegan así á súa undécima edición, consolidándose como un galardón clave na producción de arte contemporáneo do noso país. Levan 18 anos recoñecendo e apoiando o talento dos e das artistas galegos de ata 40 anos.

No acto estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; os membros do xurado; así como a maioría dos 35 seleccionados (18 homes e 17 mulleres) nesta edición. Estes 35 traballos poderán verse nunha mostra na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, dende hoxe mesmo e ata o 13 de outubro, con entrada libre.

Ademais, pode consultarse e descargarse o catálogo dixital en e-auditoriodegalicia.net.

Artistas seleccionados
Aitor-Víctor, Amine Asselman, Pablo Barreiro, Daniel Berges Visanzay, Rut Briones & Raquel Durán, Teresa Búa, Samuel Castro, David Catá, Charlito, Marcos Covela, Marcos Covelo, Roi Domínguez, Iago Eireos Franco, Yatir Fernández, Basilisa Fiestras, Sara Fuentes, María Gar, Julia Huete, Tatiana Lameiro, Rebeca Lar, Joan Morera, Sol Mussa, Myrce, Marta Pereira Fernández, Ana Pérez Ventura, Lara Pintos, Sabela Porto, Mar Ramón Soriano, Brais Rodríguez, José Andrés Santiago, Borja Santomé, Carla Souto, Dennise Vacarello, Diego Vites e Ariadna Yánez.

Direccións relacionadas



Compartir: