PARQUES E XARDÍNS

O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns organiza varias actividades durante o verán

09/07/2019 O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX) acolle durante o verán unha serie de actividades dirixidas a todo tipo de público e idades, de luns a venres a partir das 11:00 horas.

A programación, que comezou este luns e finalizará o 6 de setembro, inclúe diferentes actividades e obradoiros: expedición botánica por Belvís, obradoiro "Hotel de insectos", obradoiro "Bombas de sementes" e a exposición "Co cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", aberta do 10 de xullo ao 31 de agosto.

Para a inscrición nas actividades, así como para obter información, pódese enviar un correo electrónico á dirección mlois@ferrovial.com ou chamar ao teléfono 600 927 589.

Direccións relacionadas



Compartir: