ALCALDÍA

Constituídos os órganos reitores do Auditorio de Galicia, Tussa e Incolsa

05/07/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu este venres a constitución do consello reitor do Auditorio de Galicia e dos consellos de administración de Tussa e Incolsa, completando así a organización muncipal, unha vez que este xoves quedaran tamén constituídas as diversas comisións.

Xosé Sánchez Bugallo asegurou estar satisfeito da celeridade e da forma en que se resolveu o proceso de organización municipal, que "se iniciou o 17 de xuño co decreto de delegación de competencias, e polo tanto coa designación das diferentes áreas: tenencias de Alcaldía, Xunta de Goberno e, posteriormente, as comisións informativas. E agora coa constitución dos consellos de administración, quedou completado".

O Consello Reitor do Auditorio de Galicia, organismo autónomo local coa encomenda estatutaria da realización das actividades culturais da Concellería de Acción Cultural, estará integrado por Mercedes Rosón e Noa Díaz (PSdeG-PSOE), José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Goretti Sanmartín (BNG).

Pola outra parte, o Consello de Administración de Tussa, sociedade anónima municipal encargada da execución e ordenación das políticas de transporte público urbano de viaxeiros, queda formada por Gonzalo Muíños e Marta Abal (PSdeG-PSOE), Alejandro Sánchez-Brunete e Ramón Quiroga (PP), Jorge Duarte (CA) e Goretti Sanmartín (BNG).

Finalmente, constituíuse o Consello de Administración de Incolsa, a empresa municipal responsable da promoción da cidade. Estarán no mesmo Gumersindo Guinarte e Marta Abal (PSdeG-PSOE), María Antón e José Antonio Constenla (PP), Rafael Peña (CA) e Goretti Sanmartín (BNG).

Compartir: