ALCALDÍA

Constituídas as comisións de Presidencia, Urbanismo, Área Social e Suxestións

04/07/2019 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá constitución de catro comisións: Presidencia, Réxime Interior, Modernización da Administración, Facenda e Especial de Contas; Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda, Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos; Área Social, Cultura, Participación, Igualdade e Transparencia; e Especial de Suxestións e Reclamacións.

As comisións dependen do Pleno municipal e están constituídas polos membros que designan os grupos políticos en proporción ao número de concelleiros/as que cada un deles ten no Pleno. A funcións das comisións concéntranse no estudo, informe e consulta dos temas que se someten ao Pleno, o seguimento da xestión do alcalde e do seu equipo de goberno e a xestión de todas aquelas funcións que o Pleno lle delegue directamente.

Mercedes Rosón presidirá a Comisión de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda, Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, que tamén contará como integrantes con: María Milagros Castro Sánchez, José Manuel Pichel Patiño (PSdeG-PSOE); Ana Belén Sabel Iglesias, Alejandro Sánchez-Brunete, José Antonio Constenla Ramos (PP); Jorge Duarte Vázquez, Rafael Peña Vidal (CA); Goretti Sanmartín Rei e Navia Rivas de Castro (BNG).

A Comisión de Presidencia, Réxime Interior, Modernización da Administración, Facenda e Especial de Contas estará presidida por Gumersindo Guinarte Cabada e formada por Gonzalo Muíños Sánchez, Marta Abal Rodríguez (PSdG-PSOE); Alejandro Sánchez-Brunete, José Antonio Constenla Ramos, Ramón Quiroga Limia (PP); Martiño Noriega Sánchez, Jorge Duarte Vázquez (CA); Goretti Sanmartín Rei e Navia Rivas de Castro (BNG).

Tamén se constituíu a Comisión da Área Social, Cultura, Participación, Igualdade e Transparencia, que presidirá María Milagros Castro Sánchez. Tamén a integran: Mercedes Rosón Ferreiro, Noa Díaz Varela (PSdeG-PSOE); Ana Belén Sabel Iglesias, Evaristo Ben Otero, Beatriz Cigarrán Vicente (PP); Jorge Duarte Vázquez, Marta Lois González; Branca Novo Rey (CA); Goretti Sanmartín Rei e Navia Rivas de Castro (BNG).

Finalmente, quedou constituída a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, que estará presidida por Gonzalo Muíños Sánchez. Forman parte da mesma José Javier Fernández Martínez (PSdeG-PSOE); Ana Belén Sabel Iglesias, Ramón Quiroga Limia (PP); Marta Lois González, Jorge Duarte Vázquez (CA); Goretti Sanmartín Rei e Navia Rivas de Castro.

Compartir: