MEDIO AMBIENTE
- Vivendas particulares e comercios (agás hostalería), a partir das 20:30 horas.
- Locais de hostalería, a partir das 1:00 horas.
O Concello de Santiago agradece a colaboración no cumprimento da norma e o do horario, sen a cal esta dobre recollida non obtería os resultados para os que foi deseñada.
Relación de rúas e prazas con dobre recollida: San Francisco, Obradoiro, Fonseca, Praterías, Conga, Xelmírez, rúa Nova, Toural, Bautizados, Franco, Raíña, rúa do Vilar, Rodrigo de Padrón, San Clemente, Trindade, Hortas, Pombal e Carretas.
Reforzo no servizo de recollida do lixo no casco histórico entre o 17 de xuño e o 16 de setembro
14/06/2019 A Concellaría de Convivencia e Medio Ambiente vén de comunicar que, como consecuencia do incremento da actividade comercial e hostaleira na tempada de verán no casco histórico, e co obxectivo de mellorar a limpeza e ornato das rúas, o Concello de Santiago reforza este servizo, establecendo unha dobre recollida do lixo dende o 17 de xuño ao 16 de setembro.
Os residuos deberán sacarse á rúa en bolsas pechadas e introducirse dentro dos contedores, co seguinte horario:- Vivendas particulares e comercios (agás hostalería), a partir das 20:30 horas.