CENTROS CÍVICOS

Aberta a inscrición na actividade de agosto "Ven á carballeira de San Lourenzo"

05/06/2019 O programa Vive o verán complétase por primeira vez cunha proposta para o mes de agosto: "Ven á carballeira de San Lourenzo!". Está aberta a inscrición nesta actividade, que conta con varias quendas.

"Ven á carballeira de San Lourenzo!" e unha proposta de balde dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, que se desenvolverá nas mañás do mes de agosto, agás os días festivos, en horario de 11:00 a 13:30 horas. Ao seu abeiro haberá actividades lúdico-educativas pensadas para o descubrimento do espazo natural, nun emprazamento singular como é a carballeira de San Lourenzo.

As preinscricións poden realizarse a través do correo electrónico viveoveran@santiagodecompostela.gal. Haberá un máximo de 20 prazas para cada xornada.

Documentos relacionados



Compartir: