ALCALDÍA

O Concello denuncia a suplantación da súa identidade corporativa en carteis aparecidos en varias zonas da cidade

23/05/2019 O Concello de Santiago vén de denunciar a suplantación da súa identidade corporativa en carteis aparecidos en varias rúas, nos que se daba conta da posibilidade de pegar carteis ou facer graffitis en diferentes muros da cidade. A Policía Nacional xa abriu dilixencias ao respecto.

Nos últimos días, o Concello tivo coñecemento da aparición duns carteis nos que se utiliza a imaxe corporativa, o logo e mesmo a tipografía que habitualmente utiliza a institución nas súas comunicacións. O Goberno local decidiu denunciar a situación, por se fora constitutiva dalgún tipo de delito. A Policía Nacional xa abriu dilixencias para esclarecer a responsabilidade dos feitos.

Compartir: