CENTROS CÍVICOS

Concerto ROM no Centro Cívico de Conxo

23/05/2019 Este sábado 25, ás 20:00 horas, o Centro Cívico de Conxo acolle o Concerto ROM, no que participará o grupo Sastipën Talî e o Quintento NÓs, encabezado por Marcos Teira.

Os que se acheguen ao Centro Cívico de Conxo terán a oportunidade de escoitar un grupo de recente formación, Sastipën Talî, integrado por músicos da cidade que, cun pé no flamenco e cunha formación ecléctica, interpretan dende pezas da música folk galega a versións de temas flamencos.

Ademais, contaremos co proxecto NÓs, de Marcos Teira, gañador do Premio Martín Códax na categoría de músicas do mundo na sexta edición destes premios da música en Galicia.

Compartir: