ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Persoal municipal participa nunha demostración do funcionamento da administración electrónica

11/04/2019 Persoal municipal participou hoxe unha primeira demostración real da Plataforma de Administración Electrónica que se está a implantar no Concello de Santiago. A empresa provedora do servizo explicoulles aos/ás responsables dos departamentos municipais o funcionamento práctico do proxecto de modernización máis importante da historia recente da administración local.

O persoal municipal segue preparándose para a implantación da Administración Electrónica, á que se destinan máis de 1,8 millóns de euros. A primeira ferramenta operativa será a do novo Padrón municipal. A plataforma permitirá dotar ao Concello dunha sede electrónica, dun rexistro electrónico e dun novo xestor de expedientes. O fin último é avanzar nos compromisos en materia de transparencia, axilizar a relación da veciñanza coa administración e facilitar o desenvolvemento do traballo por parte do persoal municipal.

Compartir: