EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Amplíase ata o 5 de abril a inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa

29/03/2019 Ata o venres 5 de abril permanecerá abrto o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa 2019, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía. Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións de Semana Santa.

O programa está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 15, 16, 17 e 22 de abril no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

Inscrición
A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello (rúa do Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio Rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 5 de abril.

Direccións relacionadas



Compartir: