ALCALDÍA

Alcaldes da Mancomunidade hondureña NASMAR visitan o Pazo de Raxoi

28/11/2018 O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción a un grupo de representantes da Mancomunidade NASMAR, en Honduras, que se atopan en Compostela para participar nun foro aberto de intercambio de experiencias da xestión pública da auga. No acto participaron tamén a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e representantes de todos os grupos da Corporación.

Na visita ao Pazo de Raxoi participaron seis alcaldes e unha alcaldesa da Mancomunidade NASMAR, que esta mañá interviñan nun foro sobre a xestión da auga organizado por Enxeñería Sen Fronteiras, financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e pola Xunta de Galicia, e no que tamén colaborou o Concello de Santiago. O encontro, que se desenvolveu na sede da EGAP, serviu para intercambiar experiencias sobre o dereito humano á auga desde a xestión municipal.

Compartir: