ALCALDÍA

Compostela acollerá en marzo a Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

17/11/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega participou este sábado en Cuenca na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Na mesma, entre outros asuntos, acordouse que a vindeira xuntanza de alcaldes e alcaldesas, no mes de marzo, se celebre en Santiago de Compostela. Nesta Asemblea aprobaranse os novos estatutos e o regulamento económico do Grupo.

Na Asemblea de hoxe, desenvolvida no Museo de Arte Abstracto de Cuenca, aprobouse o Plano Operativo de Turismo e as bases da Aula de Patrimonio para o 2019, entre outros asuntos. Na xornada do venres, o alcalde tamén asistira á entrega do Premio Patrimonio 2018 á Raíña Sofía, outorgado polo seu "apoio e difusión" do legado patrimonial das cidades do Grupo. O acto celebrouse no Espacio Torner de Cuenca, e contou coa participación da ministra de Turismo, Reyes Maroto, e do presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page

Compartir: