EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Admitidas todas as solicitudes en regra para o Programa de Conciliación de Nadal, que se realizará no CEIP Monte dos Postes

15/11/2018 Rematado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Nadal, a Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que se admitiron todas as solicitudes acompañadas da documentación requirida. Unicamente se excluíron catro solicitudes por non presentar o xustificante de pago.

Finalmente, o Programa de Conciliación de Nadal realizarase os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro no CEIP Monte dos Postes, con servizo de comedor. No CEIP Raíña Fabiola non se desenvolverá o programa por non chegarse ao mínimo de participantes establecido nas bases. Tampouco haberá servizo de madrugadores no CEIP Monte dos Postes, por non haber solicitudes para o mesmo.

Horarios
As actividades do Programa de Conciliación de Nadal están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

O horario do Programa será de 9:00 a 16:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

Compartir: