COMERCIO

Aberto ata o 5 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal

19/10/2018 O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 1 de decembro ata o 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde. A inscrición estará aberta ata as 19:00 horas do día 5 de novembro.

O Mercado de Nadal contará con 15 postos de venda instalados en casetas montadas especificamente para esta finalidade. Estará aberto de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas, con horarios especiais os días 24 e 31 de decembro, de 11:30 a 15:00 horas. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado.

A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións de Nadal. Terán prioridade os produtos de decoración de Nadal; repostaría e doces, así como outros produtos de alimentación vinculados ás celebracións de Nadal; agasallos artesanais e outros produtos artesanais.

Para tomar parte no Mercado é requisito indispensable cumprimentar a solicitude de participación en liña antes das 19:00 horas do día 2 de novembro de 2017.

Ademais de cumprimentar a solicitude de participación, os/as solicitantes deberán remitir á organización fotografías representativas dos seus produtos e máis proposta de decoración de Nadal do seu posto. Na proposta indicarase tipo de decoración e materiais a utilizar. As fotografías e propostas de decoración remitiranse a mercadonadal@versalscq.com. A solicitude de participación non será válida se non se cumpre esta premisa.

O mercado organizarase en 6 quendas: do 1 ao 6 de decembro, do 7 ao 12 de decembro, do 13 ao 18 de decembro, do 19 ao 24 de decembro, do 26 ao 30 e decembro e do 31 de decembro ao 5 de xaneiro. As persoas solicitantes poderán pedir praza para unha, varias ou todas as quendas.

Complementariamente, e fóra do cómputo dos 15 postos de venda sinalados, seleccionaranse tamén expositores para: doces producidos in situ (churros, gofres ou similares) e foodtrucks destinados á venda de bebidas non alcohólicas (chocolate quente e infusións, en todo caso), así como de bebidas alcohólicas autorizadas (viño quente e vermú galego).

Os/as interesados/as poden solicitar información complementaria a través da direccións electrónicas comercio@santiagodecompostela.gal ou mercadonadal@versalscq.com, ou do teléfono 981 555 920.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: