ALCALDÍA

O alcalde recibe unha delegación de embaixadores e embaixadoras da UE

18/10/2018 O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha delegación de embaixadores e embaixadoras da Unión Europea en España, que están de visita oficial en Galicia. A delegación estivo encabezada por Christian Ebner, embaixador de Austria, país que exerce a presidencia de turno do Consello da Unión Europea.

O alcalde agradeceu aos responsables diplomáticos a viaxe a Santiago, "unha cidade que representa como ningunha outra a mestizaxe da Unión Europea, e que ten moito que ver coa orixe de Europa". Martiño Noriega sinalou que "esta visita serve para reivindicar este papel e esta entidade de Compostela, e por iso estamos moi agradecidos coa elección da nosa cidade por parte dos embaixadores e embaixadoras". O embaixador de Austria en España, Chirstian Ebner, asinou no Libro de Honra da cidade en representación da delegación, e recibiu de mans do alcalde un agasallo conmemorativo.

Na visita participaron os representantes diplomáticos de Austria, Alemania, Bélxica, Bugaria, Chequia, Chipre, Croacia, Eslovenia, Finladia, Francia, Grecia, Hungría, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Países Baixos, Reino Unido, Rumanía e Suecia.

Compartir: