XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina máis de 120.000 euros ao Programa Municipal de Apoio para a Inclusión Social

28/09/2018 A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación do servizo para a implementación do Programa Municipal de Apoio para a Inclusión Social, ao que se destinarán algo máis de 120.000 euros. Na edición do ano pasado, na iniciativa participaron preto de 290 persoas.

O Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social está dirixido a persoas adultas pertencentes a unidades familiares en risco de exclusión social. O obxectivo é mellorar as competencias persoais e as habilidades sociais da poboación atendida polos servizos sociais, a través da participación en diferentes actividades vinculadas á vida cotiá. Así, impártense clases de alfabetización e educación para adultos, obradoiros sobre resolución de conflitos laborais, ou sesións monográficas sobre o sistema público de saúde ou os certificados de profesionalidade. Ao programa destinaranse 120.000 euros nos dous próximos anos.

Convenios
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se aprobou o convenio de colaboración entre o Concello e a SD Compostela, que supón unha achega municipal de 50.000 euros. De igual maneira, deuse conta da sinatura do acordo co Club de Atletismo Fontes do Sar, por 12.000 euros, e aprobouse o acordo co Padroado da Casa da Troia, ao que se destinarán 3.600 euros.

En materia de obras, a Xunta de Goberno aprobou a recepción parcial das obras de mellora do campo de fútbol de Santa Isabel, e iniciáronse os trámites para recepcionar as obras de reforma do pavillón do Apóstolo Santiago.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: