FACENDA

Xuntanza da Mesa de Propostas para ponderar as propostas finalistas dos Orzamentos Participativos

14/09/2018 A Mesa de Propostas dos Orzamentos Participativos Compostela Decide reunirase a próxima semana para estudar e valorar as propostas de actividades e investimentos que pasaron a fase de avaliación técnica, e que se someterán a votación na última fase do proceso. As citas serán o martes 18 e o mércores 19 de setembro, ás 19:30 horas, na Casa das Asociacións, en Cornes.

Este organismo estuda as propostas presentadas pola cidadanía e que pasaron a avaliación técnica para asegurarse de que reúnen os requisitos básicos establecidos no Regulamento. Tamén analiza os informes técnicos da Oficina Técnica dos OP e establece puntuacións ás propostas, resultado de aplicar os criterios de ponderación. Finalmente, transmite a relación definitiva de propostas cos criterios de ponderación, que son subidos á web dos OPs.

Forman parte da Mesa as persoas do Grupo Motor. Para participar dela, é preciso confirmar a asistencia ás xuntanzas no correo decide@santiagodecompostela.

Direccións relacionadas



Compartir: