ALCALDÍA

O alcalde recibe os nenos e nenas do Campamento Urbano Don Bosco

06/08/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta mañá a 110 nenos e nenas participantes no campamento urbano do Centro Don Bosco que se achegaron ao Pazo de Raxoi cos seus monitores e monitoras e co coordinador do campamento, Xesús Vilas.

O rexedor deulles a benvida ao Pazo de Raxoi e explicoulles a historia dun edificio que "alberga a casa de todos e todas". Martiño Noriega salientou que "non se entendería o mes de agosto sen a celebración deste campamento, que tamén axuda a que fagamos cidade". Pola súa banda, o director da escola, Xabier Blanco, lembrou que tras máis de 30 anos de vida, Don Bosco busca que "os nenos e nenas gocen de Santiago durante o mes de agosto usando a propia cidade como campamento".

O campamento urbano organiza accións dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 17 anos intercambiando actividades de exterior (grandes xogos, predeportivos, deportivos, xincanas...) con actividades de interior (obradoiros, animación á lectura...).

Compartir: